Arquivo de Xuño, 2009
Xuño 30, 2009

Os alumnos do CEIP Pío XII, de Santiago de Compostela, están a participar na escola de verán. Entre as actividades nas que participan destacan os obradoiros de escrita creativa, da campaña PALABRAS NO AR, de KALANDRAKA. Neste recuncho do ciberespacio amosamos un anaco da súa imaxinación, cun orixinal recetario do que escollemos unhas cantas propostas literario-culinarias. Esta proposta narrativa nace do libro Sopa de soño, de José Antonio Ramírez e Riki Blanco. Gozade desta explosión de sabores con nós!
Read the rest of this entry ?
Publicado en Santiago | Etiquetado Escrita | Deixa un comentario »
Xuño 29, 2009

O suplemento Lecer do xornal Galicia Hoxe publica na edición do domingo 28 de xuño unha reportaxe de Romina Bal sobre a campaña PALABRAS NO AR. Dende o equipo de PNA, moitas grazas pola difusión.
Publicado en Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Xuño 26, 2009

A historia de “Amelia quere un can”, as aventuras de “Paco” na súa viaxe á lúa, a melodías da “Banda de Vilacendoi”, os apuros do “Poliño da abeleira”… relatos que contaron e cantaron Patricia e Pablo na biblioteca do Colexio López Ferreiro. A programación de PALABRAS NO AR no marco da campaña BOCABERTA recibiu hoxe a visita dos nenos e nenas que participan na Escola Municipal de Verán. Mais tamén os maiores se sumaron á sesión de contos e música…
Read the rest of this entry ?
Publicado en Santiago | Etiquetado Axenda, Contacontos | 2 Comentarios »
Xuño 25, 2009
Xa se emitiu o terceiro programa de PALABRAS NO AR en Radio Monforte. Foi o mércores 24 de xuño e agardamos que fora do voso agrado. Se non tivéchedes a oportunidade de escoitalo non tedes máis que premer o seguinte enlace para facelo: PALABRAS NO AR EMISIÓN Monforte 3. Non volo perdades.
Continuade con nós ata o venres 26 na frecuencia de Radio Monforte (107.4 da FM) ás 14:15 horas, na vosa emisora local de Radiofusión ás 15:15 ou a través da Internet en www.radiofusión.eu.
Ah! e non esquezades enviarnos as vosas suxerencias e comentarios. Agardámolas.
Publicado en Monforte | Etiquetado Emisións radiofónicas | Deixa un comentario »
Xuño 25, 2009

Os nenos e nenas de Compostela poderán participar desde o día 24 de xuño nos obradoiros e contacontos que o equipo de PALABRAS NO AR desenvolverá en distintos centros educativos da cidade dentro no marco do programa Aulas de Verán organizadas polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Xuño 24, 2009

«O conto “Cerca” deixou a súa pegada nos nenos de Centieiras, así que decidiron facer unha banda deseñada coas aventuras destes novos amigos. “Pato e Coello amigos” quedoulles moi ben e presentárono na campaña de banda deseñada do equipo da nosa biblioteca. Gracias por contar e cantar e facernos desfrutar a todos».
Esta foi a entrañable mensaxe que os escolares deste colexio de Fene deixaron no blog de PALABRAS NO AR. E velaquí unha mostra dese marabilloso comic…
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Contacontos | Deixa un comentario »
Xuño 24, 2009
Onte voou o segundo PALABRAS NO AR en Monforte e xa o temos no noso blog. Todos aqueles que non tivechedes a oportunidade de escoitalo non deixedes de facelo premendo o seguinte enlace: PALABRAS NO AR Monforte 2.
Gustouvos?, pois escoitade hoxe o seguinte a través de Radio Monforte (107.4 da FM) ás 14:15 ou en calquera das emisoras de Radiofusión ás 15:15. Tamén na Internet nese mesmo horario en www.radiofusion.eu
Publicado en Monforte | Etiquetado Emisións radiofónicas | 1 Comentario »
Xuño 23, 2009
Velaquí o primeiro dos programas de PALABRAS NO AR en Monforte. Contos, cancions, creacións literarias, coplas, refráns, poemas…son nas voces dos nenos e nenas do concello os ingredientes duns espazos sonoros que pretenden contribuír ao uso da nosa língua dun xeito lúdico e creativo.
Os restantes programas emitiranse de martes a venres ás 14:15 e 15:15 horas en Radio Monforte (107,4 da FM) e na rede Radiofusión , onde tamén os poderedes seguir a través da súa páxina web. Non volos perdades e seguide pendentes do nosos blog.
Preme aquí para escoitalo: PALABRAS NO AR Monforte 1
Publicado en Monforte | Etiquetado Emisións radiofónicas | Deixa un comentario »
Xuño 22, 2009

PALABRAS NO AR trasládase nesta ocasión á Idade Media cos nenos e nenas do CPR Ferroviarios de Monforte. Queredes vir? Acompañadenos nesta viaxe no tempo e disfrutade das máis imaxinativas historias de reis e raiñas e dos máis fermosos poemas recitados polos nosos protagonistas.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Monforte | Etiquetado Escrita, Oralidade, Xogos | Deixa un comentario »
Xuño 19, 2009

Para todos aqueles que perderades algún dos programas emitidos a través da frecuencia de Radiofusión tedes agora a posibilidede de escoitalos as veces que queirades. Disfrutade cos nenos e nenas de Fene ceibando as súas PALABRAS NO AR.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Emisións radiofónicas | 1 Comentario »
Xuño 18, 2009

PALABRAS NO AR volve ás ondas. A vindeira semana, dende o luns 22 ao venres 26 de xuño, na sintonía de Radiofusión Monforte (107.4 FM), os escolares do Val do Lemos serán os protagonistas dos espazos radiofónicos que recollen un resume das actividades de animación lingüística nas que participaron. O equipo de Radiofusión, con Lucía no control técnico, colabora nas emisións. PALABRAS NO AR agradécelle a esta emisora a súa implicación.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene, Monforte | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixa un comentario »
Xuño 16, 2009

Os obradoiros de escrita creativa que se realizan no marco das actividades de PALABRAS NO AR deparan interesantes propostas literarias dos escolares, nas que tampouco falta a nota de cor ou o toque artístico dos seus autores. Un exemplo desta motivación creadora é a “empanada de bicos” que nos receitou Uxía Castro, do CEIP A Xunqueira, de Fene. Mais non é a única…
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Escrita | Deixa un comentario »
Xuño 13, 2009

Á beira do río Cabe, no concello de Monforte tivo lugar unha espectacular batalla. Máis esta batalla non se librou con armas de última xeneración, foi unha batalla entre os alumnos do CEIP Monforte, Colexio Novo e os personaxes da baralla. A imaxinación e non a estratexia foi o que nos guiou a través da proposta de Batalla de naipes, de Kalandraka Editora.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Monforte | Etiquetado Escrita | 1 Comentario »