Arquivo de Maio, 2009
Maio 31, 2009

O concello de Fene ten a honra de contar con persoeiros importantes na súa cidadanía ao longo dos anos. O poeta Xosé María Pérez Parallé, do que se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, é un dos máis sobranceiros. Entre os actuais, destaca a actriz e autora Paula Carballeira. O obradoiro de oralidade celebrado no CEIP A Xunqueira, en San Valentín, estivo adicado a eles.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Convidad@s, Oralidade | 1 Comentario »
Maio 28, 2009

Os naipes dunha baralla poden abrir a porta da imaxinación a historias fantásticas, con personaxes marabillosos, en lugares recónditos. Que llo digan aos rapaces e rapazas do CEIP A Xunqueira, en San Valentín, que participaron no obradoiro de escrita de PALABRAS NO AR.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Escrita | 1 Comentario »
Maio 28, 2009

Con que rima a palabra lúa? Cantas pezas ten un clarinete? A onde viaxou Paco? Son preguntas que, ben seguro, calquera escolar de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria do CEIP O Ramo podería respostar logo de participar na sesión de contos e música ofrecida polo equipo de Animación Lingüística de PALABRAS NO AR.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Contacontos | Deixa un comentario »
Maio 27, 2009

Nova parada na ruta de PALABRAS NO AR: o CEIP de Sillobre, no lugar de O Souto. Un grupo de escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria agardan a Pablo e Patri, músico e contadora de KALANDRAKA, para facelos cantar, tocar palmas e sobre todo, escoitar e voar coa imaxinación.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Contacontos | Deixa un comentario »
Maio 26, 2009

O traballo dos escolares no Obradoiro de Oralidade celebrado no CEIP Os Casais de Fene é sorprendente. Rebuscando no legado dos devanceiros e xogando coa imaxinación, o resultado son unhas coplas do máis requintado. A partir dos primeiros versos, os rapaces e rapazas eran invitados a completar unha cuarta rima…
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Oralidade | 1 Comentario »
Maio 26, 2009

Estreamos os obradoiros de oralidade no CEIP Os Casais, en Maniños. Neste centro escolar agárdannos alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria para participar na recuperación de cantigas, ditos populares, para exercitar a memoria e verbalizar anacos da sabedoría popular, para pór en valor o talento literario dos poetas.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Oralidade | Deixa un comentario »
Maio 26, 2009

Son os cidadáns e cidadás do mañá. E nos contos está boa parte da súa formación para coñecer o que lles rodea, as bases que sentarán a súa relación coas demais persoas e a bagaxe necesaria para valorar a cultura da que proceden. PALABRAS NO AR visita aos benxamíns e benxaminas do CEIP As Centieiras, de Perlío.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Contacontos | 2 Comentarios »
Maio 23, 2009

Preto de 600 escolares de Fene participarán a partir deste luns e ao longo de toda esta derradeira semana de maio, na Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR. O programa de actividades previsto desenvolverase no CPI A Xunqueira, de San Valentín; os CEIP As Centieiras, Os Casais, Santa Mariña e O Ramo, de Perlío, Maniños, Sillobre e Barallobre, respectivamente; e o Colexio Jorge Juan, de Perlío. Tamén se sumarán alumnos e alumnas da Escola Infantil de Limodre e de Fonte do Campo.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Axenda | 2 Comentarios »
Maio 15, 2009

Este é o cartaz da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR, que se porá en marcha a última semana de maio en Fene. Neste blog estarás informado de todas as actividades de contacontos, os obradoiros de escrita creativa e de oralidade, e os programas radiofónicos que poderás escoitar cos mellores momentos das sesións. Benvido/a a este foro, onde contamos coas túas opinións e comentarios.
Saúdos do equipo de PALABRAS NO AR e de KALANDRAKA.
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Maio 15, 2009

A campaña PALABRAS NO AR forma parte dun programa de Dinamización Lingüística organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. KALANDRAKA desenvolverá o seu programa de actividades durante este ano 2009 nos concellos de Fene (maio), Monforte (xuño), Santiago (xuño-xullo), Ames (xullo), Allariz (setembro), A Estrada (outubro), Redondela (outubro-novembro), Culleredo (novembro), Cambados (decembro).
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »