h1

CONTOS E MÚSICA EN CHAPELA

Novembro 7, 2009

PALABRAS NO AR no Ceip Alexandre Bóveda 2

O primeiro día de PALABRAS NO AR no concello de Redondela levounos á parroquia de Chapela, onde o equipo de contadores de Kalandraka visitaron coas súas maletas cheas de historias e instrumentos os colexios de Angorén e de Laredo.

Ler o resto desta entrada »

h1

ESCOITADE XA NO BLOG AS ‘PALABRAS…’ DE AMES

Novembro 5, 2009

nenos mara baixa

Escoitade xa no blog os primeiros PALABRAS NO AR  emitidos o luns, martes e mércores en Ames Radio e acompañade aos nenos e nenas desta localidade no seu percorrido por distintos aspectos da nosa língua e cultura. Contos, música, coplas, adivinas, poesía, creacións literarias…sorprenderánvos na voz dos máis pequenos. Ademáis, contamos nestes programas cunha convidada especial, Filomena Fraga, madriña de honra de Ames Radio e muller entrañnable e xenerosa que compartiu con todos nos a súa sabedoría.

Continuade atentos ao blog ou cazade as PALABRAS no ceo de Ames cos vosos receptores.

h1

AGRO DO MUIÑO E BISPO GUERRA VENSE NO CAMPO DE BATALLA.

Novembro 2, 2009

Campo de batalla.

Terra da Barcala. Lugar de Ames. Ano de 2009. No campo de batalla do Pazo da Peregrina víronse as caras os alumnos do CEIP Bispo Guerra e do CEIP Agro do Muíño, e puxeron a funcionar a súa imaxinación nesta batalla de ideas e contos, e ofrécennos deste modo unha manchea de relatos cos personaxes da baralla. Ler o resto desta entrada »

h1

PRÓXIMAS EMISIÓNS EN AMES RADIO

Outubro 27, 2009

Próximas emisións de PALABRAS NO AR en Ames Radio

h1

NO FOXO CO ‘CARPINTEIRO DOS SOÑOS’

Outubro 27, 2009

Fuxú

Quen é? preguntarédesvos todos. Ben, todos, todos… non. Os nenos e nenas do CEIP O Foxo coñecen ben  a FUXÚ, un trasno da especie ‘furabolos’ que traballa de bibliotecario na súa escola dende tempos remotos. Fuxú leva por nome “a voz do vento” e, como o todos os superheroes, ten unha misión: ser “ferreiro de estrelas”, “canteiro de astros celestes”, “carpinteiro dos soños”. Estamos seguros de que escoitou con atención todos os contos que Pablo e Patricia contaron e cantaron no Foxo, porque neles non faltaron estrelas, astros e soños.

Ler o resto desta entrada »

h1

ASÍ É ONDE EU VIVO

Outubro 27, 2009


View Larger Map

Hoxe en día as novas tecnoloxías permítennos cousas que ata hai ben pouco eran impensables. Por exemplo, poderiamos sobrevoar o concello de Ames sen nin sequera movernos da cadeira. Mais, cando queremos coñecer un lugar de verdade, só podemos facelo percorrédoo polo miudo, de vagar, escoitando a súa xente… E iso é o que vos propoñemos de seguido. Escoitade o que contan os nenos e nenas de Ames sobre o lugar onde viven, e aprendede a ver a xeografía, o espazo e a paisaxe a través da ollada dos nenos. Unha escoita indispensable para os que queiran construir un mundo mellor.

Ler o resto desta entrada »

h1

REFACENDO TRADICIÓNS NO COLEXIO DE VENTÍN

Outubro 26, 2009

Palabras no ar no colexio de Ventín.

PALABRAS NO AR chega ao colexio de Ventín, no Milladoiro. O traballo do obradoiro de oralidade estivo enfocado na tradición, pero non para lela ou repetila simplemente. Nesta ocasión, nós mesmos fomos creadores de tradición e aportamos novos versos a unhas cantas coplas tradicionais. Lede as creacións dos nenos e nenas deste centro escolar do Concello de Ames.

Ler o resto desta entrada »

h1

UNHA INESPERADA SORPRESA PARA A ‘GALIÑA CAROLA’

Outubro 23, 2009

Il. O poliño da aveleira_G. Pacheco_Kalandraka

O CEIP de Figueiroa foi o seguinte destino do equipo de PALABRAS NO AR na súa estadía no Concello da Estrada. Rodeado de castiñeiros, este colexio agocha no seu interior unha acolledora  biblioteca, onde tivemos a sorte de atopar unha amiga moi especial: a GALIÑA CAROLA. Ela acompañounos durante o tempo que estivemos alí cos nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria. E levou algunha que outra sorpresa…

Ler o resto desta entrada »

h1

ENTRE OS MUROS DO PAZO DA PEREGRINA

Outubro 22, 2009

Alumnos do CEIP de Barouta

Prestade moita atención. As mozas e mozos de Barouta ofrécennos para este blog da campaña PALABRAS NO AR un conxunto de fermosos contos. Estes relatos contados ao xeito de Batalla de naipes -unha obra de Juan Ignacio Pérez- teñen por obxecto reescribir e reinventar a historia que Filomena Fraga nos contaba sobre a relación que a súa nai tivera co Pazo da Peregrina, onde traballara como ama de cría. Nesta ocasión, o obradoiro de escrita mistura a tradición coa propia Historia para elaborar unhas novas e tenras fábulas, e para traspasar con elas os muros do pazo. Así conectamos coa memoria, que Filomena tamén nos achega no seu libro, titulado A cancela. Pasado, presente e futuro, unidos co fío da imaxinación

Ler o resto desta entrada »

h1

MIROLEO E A PAXARIÑA DE PAPEL

Outubro 21, 2009

Nenos e nenas de Oca en Palabras no ar

A segunda etapa de PALABRAS NO AR  no Concello da Estrada chegou moi pretiño do seu coñecido pazo de xardíns marabillosos: o colexio de Oca.  Na biblioteca agardaban todos os nenos e nenas, desde os máis pequerrechos de Educación Infantil ata os maiores de 6º de Primaria, para escoitar contos, música e cantar con Pablo e Patricia. Pero alí, descubrimos a un pequeno amigo  moi especial…

Ler o resto desta entrada »